Sunday 28 de April de 2024

O BNG de Arteixo solicita melloras na estrada que vai desde Chamín até Sorrizo


“Queremos un rural atendido e coidado onde a xente poida circular e camiñar con seguridade” sinalou Xurxo Couto, concelleiro do BNG

Desde o BNG queren poñer en valor a necesidade de atender e investir no no rural Arteixán e convertelo as aldeas en espazos seguros e con servizos de calidade.

O Grupo Municipal do BNG solicita que se fagan obras de mellora e de mantenimento nesta estrada local que une a parroquia de Chamín coa de Sorrizo e que está nun estado perigoso para o tráfico.

Desde o BNG destacan o nulo mantenimento que hai en moitas das zonas rurais do Concello, en moitos casos son estradas moi estreitas cun pintado moi deficiente, con abundante vexetación que invade a estrada o que as fai moi perigosas e cun pésimo asfaltado.

Esta estrada que é moi utilizada por veciñas e veciños que van desde Chamín até Sorrizo pasando por diante das Covadas e permite comunicar co porto, co Igrexario, co Moucho e saír a estrada que vai até Caión, “
consideramos que é urxente facer estes amaños que no inverno, con choiva e pouca luz aínda se fan máis urxentes” indica Xurxo Couto, portavoz do BNG en Arteixo

Desde o BNG tamén fan unha chamada de atención ao concello para que atenda a rclamación da veciñanza e atenda o rural de Arteixo en condicións “son moitas as queixas que recibimos desde os núcleos rurais, por problemas de falta de limpeza, de arranxo de pistas, iluminación e pintado de estradas, ou abrir os centros sociais para o esparcimento das veciñas e veciños”